publicidade hoxe

Publícase a orde de axudas para infraestruturas, dotacións e instalacións dos concellos cun orzamento de 2,3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda xunto á alcaldesa de Marín

Alfonso Rueda xunto á alcaldesa de Marín

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda coñeceu hoxe as actuacións levadas a cabo no concello de Marín ao abeiro da Orde de Infraestruturas que, ademais hoxe mesmo sae publicada a convocatoria 2018 no Diario Oficial de Galicia, cun orzamento que supera os 2,3 millóns de euros.

Alfonso Rueda, acompañado da alcaldesa da localidade, María Ramallo, da directora de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras feitas grazas tanto as axudas de Infraestruturas como do Fondo de Compensación Ambiental, sendo pequenas obras que redundan directamente en beneficio da cidadanía galega, que no caso do concello pontevedrés foron a recuperación da Praza de Bando do Río cunha axuda de máis de 17.000 euros, e a mellora e renovación do alumeado na rúa do Infierniño que contou cunha axuda de 30.400 euros.

O DOG publica hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e /ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2018, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida. Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de preto de máis de 2,3 millóns de euros.

A orde ten como obxectivo conseguir ou recuperar un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, de forma que os concellos poidan prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia. Así, o goberno galego presta un apoio ás facendas municipais, que precisan da creación ou mellora das infraestruturas para a adecuada prestación dos servizos municipais.

8 de xaneiro de 2018 | 15:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.