publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Servizo de Gardacostas renova catro vehículos para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo

Novos vehículos para o servizo de Gardacostas. Foto: X. Crespo

Novos vehículos para o servizo de Gardacostas. Foto: X. Crespo

O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, renovou catro vehículos todoterreo máis para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recepcionou hoxe os turismos en Santiago de Compostela.

Os catro coches súmanse aos outros seis recepcionados a semana pasada tamén para o Servizo de Gardacostas. Así, as bases operativas de Celeiro, Ferrol, A Coruña, Muxía, Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo terán cadanseu turismo novo e os servizos centrais de Santiago de Compostela contará con outro.

22 de xaneiro de 2018 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.