publicidade hoxe

O Goberno galego destina 1,1 millóns de euros euros ao concerto de 50 prazas residenciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMondoñedo
A-
A+

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, puxo en valor hoxe o traballo en prol das persoas con discapacidade intelectual que realiza a entidade Hijas de la Caridad San Vicente de Paul no centro asistencial San Pablo e San Lázaro situado na localidade lucense de Mondoñedo.

A Xunta de Galicia destina neste 2018 1,1 millóns de euros ao concerto de 50 prazas nestas instalacións nas que se oferta unha atención de carácter residencial aos usuarios. Ademais, o novo contrato subscrito coa entidade permitiu a creación de 17 postos de traballo.

Durante o percorrido polas instalacións, que serviu para coñecer máis polo miúdo a actividade diaria do centro, Fabiola García felicitou á entidade polo importante labor que desempeñan na sociedade galega e por mellorar día a día a calidade de vida dos usuarios e das súas familias. “A Xunta e as Hijas de la Caridad compartimos o obxectivo fundamental de contribuír a que as persoas con discapacidade intelectual teñan cubertas as súas necesidades e a que poidan levar a cabo unha vida coas menores limitacións posibles”, explicou a directora xeral.

Neste sentido, a responsable da área de Maiores e Persoas con Discapacidade garantiu o compromiso do Goberno galego na atención á discapacidade, como se pon de manifesto no incremento nun 8,6% da partida económica destinada a este fin nos orzamentos de 2018 ata acadar os 102,8 millóns de euros.

Esta maior marxe orzamentaria permitirá, entre outras medidas, a creación de novas prazas, aumentar os convenios de colaboración con entidades e federacións que actúan no ámbito da discapacidade e reforzar a orde de axudas a concellos para a mellora da accesibilidade en espazos e edificios públicos.

23 de xaneiro de 2018 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.