publicidade hoxe

Medio Rural impulsará a reestruturación parcelaria en San Martiño e Penarrubia, en Baralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLocal Portada
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde en San Caetano co alcalde de Baralla, Manuel González, para impulsar diferentes iniciativas relacionadas coa mellora da infraestruturas agrogandeiras neste concello lugués e, por extensión, da calidade de vida dos seus veciños.

Así, a conselleira e o rexedor abordaron por exemplo a situación das reestruturacións parcelarias no municipio e acordaron impulsar estes traballos especialmente nas parroquias de San Martiño e Penarrubia, onde se rexistrou unha petición formal por parte dos seus veciños.

Os informes preliminares de Medio Rural indican que as características agronómicas da área, orientada fundamentalmente ao vacún de carne, son favorables para desenvolver estes procesos. A superficie total da zona a reestruturar rolda as 900 hectáreas, das cales arredor dun 35% está ocupada por prados e terras de cultivo, un 25% por plantacións forestais, o 23% por frondosas autóctonas e o resto por vías de comunicación e edificacións. O número de explotacións gandeiras de ambas parroquias supera as 150, das cales aproximadamente un terzo corresponde á orientación produtiva de bovino de carne.

Mellora de camiños

Neste encontro de traballo, a titular de Medio Rural e o alcalde de Baralla avaliaron ademais a cooperación en materia de mellora de camiños municipais. Este concello lucense beneficiase dunha achega de preto de 69.000 euros na convocatoria de 2018-2019 do plan da consellería para esta finalidade, cantidade idéntica á recibida na anterior campaña. O interese do Concello céntrase en intervir no arranxo dos accesos aos núcleos de Santa María de Pacios, Lamas e Mazaílle.

Doutra banda, o rexedor mostrouse interesado tamén na posibilidade de adquirir un tractor a través dos convenios que asina a consellería para axudarlle a desenvolver as labores de roza nas parcelas e vías municipais.

31 de xaneiro de 2018 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.