publicidade hoxe

Medio Rural destinou 29.000 euros ao arranxo do camiño de Loureiro de Abaixo en Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntisLocal Portada
A-
A+
Cores Tourís na visita a Cuntis

Cores Tourís na visita a Cuntis

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe unha obra subvencionada a través do Plan de Infraestruturas Rurais no concello pontevedrés de Cuntis.

A Consellería do Medio Rural financiou estes traballos, que consistiron na pavimentación do camiño en Loureiro de Abaixo, cun orzamento total de 28.668 euros. As obras centráronse na limpeza das marxes da vía e a reapertura das cunetas para conseguir unha adecuada drenaxe. Procedeuse tamén á súa pavimentación, coa formación dunha nova capa de rodadura.

Tanto o director xeral como o delegado territorial coincidiron en destacar que con esta actuación búscase mellorar a calidade de vida dos veciños, as comunicacións da zona e facilitar, ao tempo, a mobilidade das persoas e o transporte dos produtos agrarios, propiciando así a súa chegada aos diferentes mercados.

15 de xaneiro de 2018 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.