publicidade hoxe

Medio Rural destina 2,8 millóns de euros a impulsar a parcelaria máis grande de Galicia, localizada en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Curtis

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Curtis

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, para avaliar os diferentes investimentos realizados pola Xunta a prol do agro neste concello coruñés.

Ambos destacaron o impulso dado á reestruturación parcelaria de Fisteus, cunha achega de Medio Rural que supera os 2,8 millóns de euros. Estes fondos destinaranse a varias actuacións, como a execución da rede de camiños principais e o marqueado dos novos predios de substitución. Esta parcelaria abrangue unha superficie total que rolda as 4.000 hectáreas, o que a converte na máis grande das abertas actualmente en Galicia.

Ademais, a conselleira e o rexedor municipal valoraron a subvención de 124.703 euros que recibiu a cooperativa Cusoviame, con sede neste concello, dentro da orde de axudas da consellería para o uso de maquinaria en común correspondente ao exercicio de 2017, para un investimento total próximo aos 250.000 euros.

Por último, ambos responsables coincidiron en reafirmar o seu compromiso de seguir traballando polo medio rural de Curtis en eidos como o das infraestruturas ou o asociacionismo agrario, pensando na mellora da mobilidade e, por extensión, da calidade de vida dos seus veciños.

23 de xaneiro de 2018 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.