publicidade hoxe

Galicia segue entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 11 días antes que a media

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Galicia pechou o mes de novembro entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao acabar o mes cun tempo medio de pago 11 días mellor que a media autonómica, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

O período medio de pago de Galicia situouse en novembro en 8,19 días, mentres que a media autonómica foi de 19,73 días, é dicir, 11,54 días máis tarde que en Galicia. O informe elaborado polo ministerio mostra tamén que tres comunidades autónomas incumpriron en outubro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación estatal.

Ademais, Galicia tamén ten mellorado de xeito notable no último ano o tempo de pagamento aos seus provedores. O período de pago en novembro de 2016 era de 23,98 días, o que supón que nun ano se teña reducido á terceira parte.

Deste xeito, Galicia consolídase un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a sétima comunidade –a quinta, excluídas as forais- que paga máis rápido aos seus provedores.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en novembro situouse no 0,40%, por debaixo da media autonómica (0,49%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 47% no último ano, ata rebaixalo aos 246 millóns de euros.

22 de xaneiro de 2018 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.