publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Entran en funcionamento os catro novos xulgados en Vigo, Ourense, A Coruña e Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolGaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaVigo
A-
A+

No día de hoxe teñen comezado a funcionar con plena normalidade catro novos xulgados en Galicia, concretamente o Xulgado de Primeira Instancia nº15 (Xulgado de Familia), en Vigo; o Xulgado de Primeira Instancia nº7 de Ourense; o Xulgado do Social nº6 da Coruña; e o Xulgado de 1ª Instancia nº6 de Ferrol.

Aos novos xulgados incorpóranse hoxe 31 persoas, que sumadas ás xa incorporadas na Fiscalía e Imelga, tanto na sección de medicina forense como nos equipos psicociais, suman un total de 84 novos funcionarios xudiciais nos Xulgados galegos nos últimos 3 anos.

A Vicepresidencia da Xunta dotou dos medios materiais e humanos necesarios a estes xulgados en tempo e forma para que comecen a funcionar hoxe, tal e como estaba previsto con total normalidade e a pleno rendemento.

O goberno galego volverá a solicitar, de cara a este ano máis unidades xudiciais para a nosa comunidade tan pronto as outorgue o Ministerio de Xustiza, facendo así un esforzo orzamentario para a súa posta en marcha, e sempre ca premisa de que unha xustiza mellor dotada sempre é máis eficaz, o que redunda nun mellor servizo aos cidadáns galegos.

31 de xaneiro de 2018 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.