publicidade hoxe

Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo asinan o convenio por máis de nove millóns de euros para instalacións deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero asinaron esta mañá un convenio para a financiación de diversas actuacións en instalacións deportivas que suporá un investimento de máis de nove millóns de euros entre ambas administracións.

Carmela Silva subliñou que con este investimento vanse renovar os tapetes de herba artificial dos campos de fútbol de Navia, Bouzas, O Meixueiro, A Bouza, Sárdoma-Moledo, A Guía e Candean, vanse realizar melloras e mantemento en outros tres campos de fútbol en Comesaña, A Mina e Samil, vanse construír os pavillóns de Romil e Sárdoma e vanse adaptar as instalacións dos dous pavillóns sitos na grada de Rio en Balaídos. “Trátase dunhas actuacións moi importantes no concello de Vigo porque o deporte é unha revolución no século XXI e é un servizo que converteuse en unha reclamación da cidadanía que xa é un dereito”.

“Con este convenio estamos a falar de renovar as instalacións de campos de fútbol e de mellora da súa iluminación. Dun novo pavillón en Romil que era unha demanda histórica dos veciños e veciñas da zoa, e da renovación dos pavillóns de Balaídos e da construción dun novo en Quirós que vai ser espectacular e modernísimo para o século XXI”, destacou a Presidenta da Deputación.

Cualificou Carmela Silva de aposta do concello e da Deputación ó atender a demanda de melloras e novas instalacións deportivas como un xeito de tratar por igual a todos os veciños e veciñas de Vigo “independentemente de onde vivan para que todos sexan cidadáns de primeira o que me fai moi feliz”, concluíu.

Pola súa parte, Abel Caballero salientou que estas novas instalacións van ser unha realidade en 2019 e que é gracias a que Carmela Silva é presidenta da Deputación. “Isto con Louzán era imposible”. “Só este convenio –seguiu Caballero- supón máis que o todo o investido dende 1990 en Vigo pola Deputación”.

22 de xaneiro de 2018 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.