publicidade hoxe

Consellería de Medio Rural e concello da Peroxa impulsan a mobilidade de terras e reforzan a colaboración en materia forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaLocal Portada
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde da Peroxa

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde da Peroxa

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe co alcalde da Peroxa, Manuel Campos, para afondar na colaboración entre Xunta e Concello a prol do agro neste municipio ourensán. En concreto, ambos acordaron impulsar a mobilización de terras como xeito de dinamizar o medio rural, fomentando o seu aproveitamento con fins agrogandeiros.

Ademais, a conselleira e o rexedor municipal avaliaron as diferentes liñas de cooperación en materia forestal. Así, a titular de Medio Rural comprometeuse a estudar a solicitude do alcalde de contar cun tractor para roza de matogueira e desta forma contribuír a reducir a biomasa nos camiños municipais e, consecuentemente, diminuír o risco de incendio forestal.

16 de xaneiro de 2018 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.