publicidade hoxe

Avanza a construcción do novo IES de Soutomaior, no que se invisten máis de 5,3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSoutomaior
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá, acompañado polo alcalde da localidade, Agustín Reguera, as obras de construción do IES de Soutomaior, o novo centro educativo no que o Goberno galego investirá máis de 5,3 millóns de euros.

Sobre o terreo, o representante do Goberno galego puido constar o bo ritmo das obras que avanzan segundo o calendario previsto, de xeito que o colexio entrará en funcionamento no curso 2018/19. O obxectivo non é outro que dar así resposta “ás crecentes necesidades en materia educativa deste Concello”, subliñou.

O novo instituto terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato. Esta obra encádrase no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coas zonas que máis natalidade e, polo tanto, máis necesidade de prazas escolares, presentan, contribuíndo á fixación da poboación. Así mesmo lembrou que estas obras están incluídas no Plan da Consellería de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020, que conta cun orzamento global de 118,5 millóns de euros.

30 de xaneiro de 2018 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.