publicidade hoxe

Abegondo dispón xa dun novo tractor para a roza cunha axuda de 90.000 euros de Medio Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoLocal Portada
A-
A+

O director de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acudiu hoxe ao municipio de Abegondo para supervisar a entrega do novo tractor que o concello ten adquirido grazas a unha axuda da Consellería do Medio Rural de 90.000 euros. Estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Esta maquinaria foi adquirida a través dun convenio asinado entre a Xunta e 12 concellos da Coruña, entre eles Abegondo, para facer esta compra e así facilitar aos gobernos locais a súas labores de roza e o cumprimento das súas competencias. En concreto, o obxectivo é manter libre de maleza tantos as infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas municipais.

Esta medida súmase a outras que xa viña aplicando a consellería como o convenio marco de colaboración cos concellos para a prevención e defensa contra os incendios forestais e polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de motobombas e brigadas municipais. Precisamente reforzar este apoio entre as diferentes administracións é un dos obxectivos do plan de 30 medidas da Xunta previsto para mellorar a loita contra os lumes. Moitas destas actuacións están xa en marcha ou en proceso.

Beneficiarios

Dos 35 convenios que se asinaron en toda Galicia e que supuxeron un desembolso de 3,1 millóns de euros, 12 pertencen á provincia da Coruña: Abegondo, Arzúa, A Baña, Boimorto, Melide, Mesía, Outes, Oza-Cesuras, Porto do Son, Santa Comba, Touro e Trazo.

Os concellos seleccionados foron elixidos baixo criterios obxectivos como o número de habitantes (menos de 10.000), o número de entidades de poboación, o uso en común por máis dun municipio dese tractor, que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos, nin máis de 90.000 euros no ano 2017 a través do fondo de compensación ambiental.

Ademais, debían cumprir con algunha das seguintes esixencias: ter subscrito o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 nas súas tres liñas de actuación, ter rexistrada algunha Parroquia de Alta Actividade Incendiaria no seu territorio ou que teñan predios recoñecidos -ou en proceso – da titularidade a través da Lei de Mellora Territorial Agraria de Galicia.

11 de xaneiro de 2018 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.