publicidade hoxe

A Xunta publica no DOG a licitación da redacción do proxecto construtivo da variante de Alba, en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba, en Pontevedra.

Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, licítase por un importe de máis de 252.000 euros. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información deste anuncio: https://goo.gl/dvyR1N

As empresas interesadas nesta actuación poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 24 de xaneiro.

O Goberno galego continúa a apostar por esta infraestrutura, cun investimento de 5 millóns de euros, xa que é estratéxica para a vertebración da rede viaria e para a calidade de vida dos veciños. Neste sentido, os Orzamentos da Xunta para o ano 2018 recollen unha partida de 500.000 euros para seguir avanzando no impulso desta actuación.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda mantivo diversas xuntanzas cos veciños das parroquias afectadas para definir o trazado da Variante, no termo municipal de Pontevedra. O Goberno galego ten como obxectivo acadar o máximo nivel de consenso, de forma que as consideracións formuladas polos veciños sexan atendidas na medida do posible.

A variante de Alba ten como finalidade servir de conexión entre as estradas Pontevedra- Baión (PO-531) e a N-550 (A Coruña- Tui), funcionando como alternativa á estrada PO-225, que comunica Alba con San Caetano, sen necesidade de entrar no núcleo urbano.

9 de xaneiro de 2018 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.