publicidade hoxe

A Xunta eliminará o tramo de concentración de accidentes na estrada PO-552 entre os municipios de Tomiño e Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPortada dereitaTomiñoTui
A-
A+

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Tui, Carlos Vázquez, para estudar a actuación no seu concello do proxecto de mellora de seguridade viaria en dous tramos de concentración de accidentes situados nos municipios de Tomiño e Tui, na estrada PO-552, entre os puntos quilométricos 58+300 a 61+400 e 68+500 a 69+900, incluídos no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020.

Esta actuación permitirá mellorar de forma inmediata a seguridade viaria, mentres se avanza nos traballos de treitos pendentes da Vía de Altas Prestacións entre Tui e a Guarda.

Francisco Menéndez explicou que as actuacións previstas desenvolveranse no tramo comprendido entre a glorieta do acceso a Figueiró e a parroquia de Sobrada; e proxéctase ademais una mellora da intersección existente na PO-350 no punto quilométrico 71+000, que aínda que está fora dos treitos cualificados como TCAs é necesario mellorar.

O director da AXI destacou que as principais actuacións proxectadas inclúen a creación de tres glorietas: unha no p.q. 60+600, na intersección coa PO-344 de acceso ao núcleo de Tomiño; outra no p.q. 61+400, ao final da travesía do Ramo, para facilitar os xiros en condicións de seguridade; e tamén no punto quilométrico 71+000, para mellorar a seguridade no cruce coa PO-350 (Areas-Tomiño).

Así mesmo, efectuarase a mellora da intersección do p.q. 69+150 na intersección a Dorrada, na travesía de intersección, ampliando o carril central de espera para os xiros á esquerda; executaranse cuñas para o cambio de velocidade nas interseccións de maior tráfico, para facilitar as saídas da estrada ou ás incorporacións a ela e tamén vías de servizo en varios treitos para canalizar os accesos, permitindo os xiros en puntos mais seguros.

O documento técnico que recolle estas actuacións foi sometido a información pública por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, e poden presentarse alegacións ao mesmo ata o 23 de febreiro.

29 de xaneiro de 2018 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.