publicidade hoxe

A Xunta destinou 32.000 euros á mellora do alumeado público en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazáronse hoxe ata o municipio pontevedrés de Nigrán para comprobar in situ as obras de mellora do alumeado público executadas na rúa Arquitecto Palacios deste concello.

Durante a visita, na estiveron acompañados do alcalde da localidade, Fernández-Tapias explicou que o concello recibiu preto de 32.000 euros a través dunha orde de subvencións ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, creado no 2010 polo actual Goberno galego.

Os traballos consistiron fundamentalmente na substitución de todos os puntos de luz existentes por outros de maior eficiencia enerxética baseados na tecnoloxía LED, con maior vida útil e menor custo de mantemento e, en consecuencia, cun alto retorno do investimento.

As actuacións subvencionables baixo esta orde están ligadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. Entre elas, as orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis á recuperación do medio natural degradado ou contaminado; as destinadas ao impulso da eficiencia e a utilización sustentable das enerxías renovables; ou enfocadas á protección do ambiente e do espazo natural.

Cómpre lembrar que a convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental e a Orde de Infraestruturas para este ano, veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia e que os concellos que así o precisen están en prazo para poder solicitalas. Ambas axudas do Goberno galego superan os 13 millóns de euros.

25 de xaneiro de 2018 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.