publicidade hoxe

A Xunta defende a acuicultura como sector clave da economía azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, interveu hoxe nunha audiencia pública organizada no Parlamento Europeo para lembrar as recomendacións do ditame “O futuro da acuicultura europea”, do que foi relator en 2015 no seo do Comité Europeo das Rexións.

Este ditame identificaba os obstáculos que dificultan o bo desenvolvemento deste sector, recomendando posibles solucións dende o punto de vista das rexións e municipios, administracións nas que adoita recaer a regulación e autorización destas actividades. O Parlamento Europeo recolle agora o guante arroxado pola asemblea da UE de representantes rexionais e locais e está a elaborar un informe sobre a situación actual e os retos futuros do sector acuícola europeo.

Durante esta audiencia, celebrada antes da elaboración do informe por parte do eurodeputado español Carlos Iturgaiz, participaron ademais representantes da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos da Comisión Europea, das principais asociacións europeas de produtores e das ONG medioambientais.

Entre as medidas que destacou Jesús Gamallo para favorecer o bo desenvolvemento do sector acuícola, destaca a simplificación dos procedementos administrativos e do acceso ao espazo, a importancia de apoiar a innovación para explotar o potencial deste sector ou a necesidade de promover os mercados locais, entre outras.

A acuicultura na UE

Actualmente, estase vivindo un estancamento do sector da acuicultura, malia constituír un complemento importante aos alimentos que ofrece a pesca extractiva. Para a UE, este sector ten un gran potencial debido ao perfil innovador das empresas, á capacidade de absorción dos seus produtos e á capacidade de creación de emprego. Actualmente, conta con máis de 14.000 empresas e dá emprego a máis de 80.000 persoas. En Galicia prodúcese o 14% do total de peixes e mariscos criados na UE.

Europa importa ata un 70% do peixe que consume. Gran parte dese peixe provén da produción acuícola, polo que supón en ocasións interrogantes en cuanto a súa sustentabilidade medioambiental e o cumprimento da normativa pesqueira ou dos dereitos dos traballadores. Fronte a isto, os produtores acuícolas europeos destacan pola súa especialización e por aportar un valor engadido tecnolóxico.

Sen embargo, a produción acuícola en Europa segue a soportar numerosos obstáculos que dificultan o seu crecemento como industria, motivo polo cal a Comisión Europea a sitúa como un dos cinco sectores principais da súa estratexia de economía marítima ou crecemento azul xunto coa enerxía renovable, a bioteconoloxía, o turismo costeiro e os recursos minerais.

11 de xaneiro de 2018 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.