publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta colabora na adquisición de equipamento de protección ambiental para os concellos de Sarreaus, Sandiás e Trasmiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseSandiásSarreausTrasmiras
A-
A+
Marisol Díaz na visita ao concello de Sarreaus

Marisol Díaz na visita ao concello de Sarreaus

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron hoxe o concello de Sarreaus para coñecer de primeira man os resultados da colaboración mantida entre a Administración autonómica e as entidades locais.

A través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), a agrupación de concellos de Sarreaus, Sandiás e Trasmiras recibiu unha subvención de preto de 70.000 euros, que tivo como obxectivo mellorar o servizo de protección ambiental, así como previr situacións de risco.

Grazas a este financiamento, os concellos adquiriron un tractor con equipamento de protección e coitela frontal para labores de prevención de incendios forestais, xa que os desbroces que se poden acometer con este tractor son unha importante medida preventiva dos lumes.

Cómpre lembrar que a pasada semana publicáronse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias para este exercicio do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, superando entre ambas os 13 millóns de euros.

16 de xaneiro de 2018 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.