publicidade hoxe

A Xunta colabora en actuacións de mellora enerxética co Concello de Mondariz-Balneario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMondariz-BalnearioPontevedra
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao Concello de Mondariz-Balneario

Alfonso Rueda na visita ao Concello de Mondariz-Balneario

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou esta mañá o Concello de Mondariz-Balneario, onde comprobou as actuacións levadas a cabo de mellora enerxética.

Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e do alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, indicou que grazas á Orde de Infraestruturas, o Goberno galego apoia aos concellos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. No caso deste concello recibiu unha axuda de 26.000 euros para renovar a iluminación da rúa Ramón Peinador.

Grazas ás ordes de axudas aos concellos postas en marcha pola Xunta, tanto a Orde de Infraestruturas como o Fondo de Compensación Ambiental, pódense poñer en marcha actuacións que redundan directamente no benestar dos cidadáns galegos. Está aberto agora o prazo de presentación de solicitudes de axudas para este ano cun orzamento que supera os 13 millóns de euros entre ambas liñas de axudas.

30 de xaneiro de 2018 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.