publicidade hoxe

A Xunta colabora co concello de Vedra na mellora das instalacións deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVedra
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou a importancia de seguir mantendo a colaboración cos concellos con actuacións que redundan directamente no benestar da cidadanía.

Alfonso Rueda visitou esta mañá o concello de Vedra, acompañado polo seu alcalde, Carlos Martínez, onde coñeceu de primeira man algunha das actuacións levadas a cabo ao abeiro de ordes da Xunta de Galicia, que neste caso concreto foi a mellora e reforma do campo de fútbol, na que se levou a cabo un investimento de case 100.000 euros, dos que a Xunta aportou 40.000 e que permitiu mellorar o campo de fútbol e ampliar aos seus usos.

Unha actuación realizada ao abeiro da orde de Infraestruturas, coa que o Goberno galego apoia pequenas actuacións realizadas polos concellos máis pequenos, con case 9 millóns de euros nos dous últimos anos e case 300 actuacións subvencionadas, dende instalacións deportivas ata prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos.

Nos últimos anos, a Xunta leva investidos no concello de Vedra case 300.000 euros grazas aos cales leváronse obras de rehabilitación no pavillón, mellora de pistas deportivas, acondicionamento de parques infantís e ampliouse a rede de abastecemento, grazas á axudas do Fondo de Compensación Ambiental.

Esta colaboración entre Xunta e concello renovase un ano máis, xa que este mesmo mes publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para este ano, pola cal o Goberno galego destina para a Orde de Infraestruturas e para o Fondo de Compensación Ambiental, superando entre ambas os 13 millóns de euros.

A Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio.

24 de xaneiro de 2018 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.