publicidade hoxe

A Xunta achega medio millón de euros desde 2009 para financiar a mellora de infraestruturas rurais en Boborás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoborásLocal PortadaLugo
A-
A+
A conselleira de Medio Rural na reunión co alcalde de Boborás

A conselleira de Medio Rural na reunión co alcalde de Boborás

A Consellería do Medio Rural achegará un total de 53.724 euros no ano 2018 ao Concello de Boborás para mellorar as súas infraestruturas agrarias. Esta é a dotación contemplada no Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal para este concello ourensán, tal e como lle confirmou hoxe a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, ao alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, nunha xuntanza de traballo en San Caetano.

Esta cantidade é idéntica á recibida polo municipio ourensán no pasado exercicio e destinarase a sufragar diversas obras de adecuación e posta en valor de pistas no seu territorio. Dende o ano 2009 Boborás recibiu un total de 487.538 euros para esta finalidade, o que permitiu actuar en máis dunha vintena de puntos, mediante o arranxo, afirmado e reposición do firme de diversos camiños do seu territorio municipal.

A conselleira e o alcalde destacaron que este tipo de actuacións teñen unha repercusión moi positiva na contorna, xa que ademais de facilitar a mobilidade dos veciños propician un transporte e unha distribución máis áxiles e rápidas dos produtos do agro cara os diferentes mercados.

Ademais de abordar estas melloras, a titular de Medio Rural e o rexedor municipal avanzaron tamén na colaboración entre ambas institucións en materia de prevención e loita contra os incendios forestais. Boborás recibiu nos anos 2016 e 2017 un total de 80.470 euros da Consellería para financiar estes labores, tanto no que atinxe ás infraestruturas preventivas como a tratamentos silvícolas e á dotación das brigadas de prevención e extinción. Na reunión de hoxe sentáronse as bases para continuar con esta cooperación no futuro.

10 de xaneiro de 2018 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.