publicidade hoxe

Xunta e Fiscalía abordan a situación das oficinas de asistencia ás vítimas nos xulgados galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron hoxe a reunión da Comisión Mixta entre ambas institucións, na que abordaron a recente inclusión de psicólogos nas Oficinas de asistencia ás vítimas nos xulgados das sete grandes cidades galegas.

Na reunión da Comisión Mixta, indicouse que as oficinas de atención ás vítimas reforzáronse recentemente con persoal cualificado nos principais xulgados galegos, xa que cobra especial importancias a atención ás vítimas, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables, durante o proceso xudicial. Ademais, no seo da reunión abordouse a consolidación destas oficinas e a súa dotación con medios estruturais.

Así, reforzouse o apoio psicolóxico especializado nas Oficinas de Atención á Vítima e ao Cidadán existentes nos xulgados de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, cun psicólogo en cada xulgado, a maiores dos dous funcionarios cos que xa contaban.

Ademais, a Xunta ten xa en marcha dende o ano 2004, o programa de atención psicolóxica a mulleres que sufran violencia de xénero e para as súas fillas e fillos menores, no que teñen intervido máis dun cento de profesionais da psicoloxía ao longo do pasado ano e que ten beneficiado dende o ano 2009 a máis de 3.600 persoas.

18 de decembro de 2017 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.