publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Román Rodríguez sinala ao CINBIO como un dos piares de referencia da investigación universitaria galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaVigo
A-
A+
Román Rodríguez na inauguración do edificio CACTI-CINBIO Doutora Olimpia Valencia López

Román Rodríguez na inauguración do edificio CACTI-CINBIO Doutora Olimpia Valencia López

Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participaron esta mañá na inauguración do edificio CACTI-CINBIO Doutora Olimpia Valencia López, situado no Campus de Vigo. Durante o transcurso do acto, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia situou o Centro de Investigación Biomédicas (CINBIO) como un dos polos tractores da investigación universitaria galega, “unha investigación baseada na excelencia, na internacionalización e na innovación”, manifestou.

Do mesmo xeito, explicou que este edificio “encarna o modelo de centros científicos que queremos para Galicia: que definan o noso territorio, que se adapten a el e ás súas circunstancias e que, desde Galicia, contribúan ao avance científico internacional”. Román Rodríguez instou a seguir conectando a investigación coa sociedade e cos sectores produtivos, así como a revalorizar a ciencia entre a cidadanía, partindo da base de que en edificios como o CACTI-CINBIO reside “boa parte do progreso e benestar da Galicia de mañá”, salientou.

Novo plan estratéxico de investigación

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, que cualificou como moi acertada a elección da Dra Olimpia Valencia López para dar nome ao edificio, salientou que “no ámbito sanitario o inicio de actividade no Hospital Álvaro Cunqueiro, e os cambios organizativos que se realizaron permitíronnos desenvolver un novo e ambicioso plan estratéxico de investigación no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur”.

Para Almuiña, “nesta estratexia común de intercambio de coñecemento e de utilización conxunta de instalacións, o CACTI é un centro que abre multitude de posibilidades para o desenvolvemento de proxectos conxuntos”. Destacou así mesmo do CACTI “a súa vocación internacional, a aposta pola investigación traslacional e de calidade, e a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos para proporcionar apoio a membros da Universidade, profesionais do ámbito sanitario, outros Organismos Públicos de Investigación ou entidades privadas”.
No acto de inauguración tamén participaron o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela Olmo.

Novidades no SUG

Ademais, o conselleiro de Educación definiu este 2017 como “un bo ano para o Sistema Universitario de Galicia”, posto que se presentou o mapa de titulacións ata 2021 e o Plan de excelencia do SUG, dous instrumentos pensados para impulsar a calidade do sistema e sentar os piares da Universidade do século XXI. Tal e como trasladou, “as tres institucións galegas poden estar satisfeitas do acadado nos últimos 12 meses en colaboración coa Xunta”.

De feito, a finais do mes de outubro coñeceuse a nova oferta académica superior ata 2021 que, no caso concreto da Universidade de Vigo, inclúe dous novos títulos, un deles moi ligado co propio CINBIO: o grao en Enxeñaría Biomédica, que se poñerá en marcha no curso 2018/19.

Así mesmo, o Plan de excelencia do SUG contempla dúas medidas vinculadas coas mellores estruturas de investigación. En primeiro lugar, un programa formativo específico centrado na xestión estratéxica dos centros singulares, co fin de que os seus responsables poidan ampliar os coñecementos sobre sistemas de gobernanza ou maiores graos de autonomía. Pola súa banda, a segunda acción relacionada con estes centros, aínda que de xeito indirecto, é a creación dun complemento de transferencia do coñecemento para o profesorado.

En definitiva, e tal e como lembrou Román Rodríguez, “Galicia ten un gran sistema universitario do que presumir”.

5 de decembro de 2017 | 16:58 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario