publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Restablécese nunha semana o servizo na escola infantil de Oza-Cesuras tras os graves danos causados polo temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOza/CesurasPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia restableceu a actividade na escola infantil de Oza-Cesuras, pertencente á rede autonómica Galiña Azul, e cuxa cuberta se viu afectada nunha parte importante na noite do pasado 10 de decembro por mor dos efectos da cicloxénese explosiva Ana.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, visitou esta mediodía o centro logo da instalación en só unha semana dunha cuberta provisional e dunha marquesiña que permitirá o acceso dos nenos que acoden a el a diario e dos seus traballadores.

As medidas adoptadas garanten a total seguridade na escola, de acordo cos informes técnicos, mentres que nas próximas semanas seguirase executando á reparación definitiva da parte da cuberta danada, que afecta fundamentalmente á zona de oficinas.

A escola infantil de Oza-Cesuras, que entrou en servizo no curso 2016-2017, oferta un total de 41 prazas para nenos de 0 a 3 anos (3 unidades) e conta na actualidade con 25 usuarios. Nese senso, a Xunta de Galicia quere agradecer aos pais e nais dos nenos e nenas a súa disposición e comprensión á hora de coordinar unha solución temporal para recuperar canto antes posible a normalidade na prestación do servizo, que era a prioridade para as administracións autonómica e local.

18 de decembro de 2017 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.