publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Marta Míguez comproba o estado do complexo deportivo de Monterrei tras as obras levadas a cabo na pista polideportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMonterrei
A-
A+
Marta Míguez na visita ao complexo

Marta Míguez na visita ao complexo

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou na mañá de hoxe o Complexo Deportivo de Monterrei no concello ourensán de Pereiro de Aguiar onde comprobou o estado da pista polideportiva tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia e que supuxeron a reposición do pavimento así como o pintado das liñas do campo. Estas actuacións contaron cun orzamento próximo aos 40.000 euros (39.322 euros).

O Complexo Deportivo de Monterrei, de titularidade autonómica, está aberto todos os días da semana de 9 a 21 horas en horario ininterrompido para os cidadáns de todas as idades, federacións deportivas galegas, clubs deportivos e asociacións, peñas e grupos de amigos. O complexo deportivo componse de catro pistas de tenis (dúas de herba artificial e dúas de formigón poroso), dúas pistas polideportivas de cemento pulido, dúas pistas de pádel, estadio de atletismo, vestiarios e oficinas administrativas, complexo acuático (con seis piscinas descubertas), zona verde natural e parque infantil.

Cómpre sinalar que a Secretaría Xeral para o Deporte destinará no próximo 2018 unha contía de 2.983.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia. Deste total, 1.883.043 euros destínanse no capítulo 6 para o investimento en obra propia, que presenta un aumento do 78% con respecto ao montante destinado en 2017. En términos xerais, a partida para as infraestruturas deportivas aumenta un 23% con respecto ao destinado en 2017 (2.425.570 euros).

5 de decembro de 2017 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.