publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis dun 30% das intervencións autorizadas por Patrimonio poderán ser validadas desde a totalidade dos concellos galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia unha instrución relativa ao trámite de autorizacións nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento de aplicación para a totalidade de concellos galegos.

Trátase dunha instrución negociada coa propia Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que vai a posibilitar que un mínimo dun 30% das autorizacións que antes tiñan que pasar pola Dirección Xeral de Patrimonio xa non precisen deste trámite. Este texto procura unha maior axilidade e unha seguridade xurídica para as persoas interesadas e as administracións implicadas.

Máis polo miúdo, o obxecto da instrución é desenvolver o criterio de interpretación sobre o réxime de autorizacións en materia de protección do patrimonio cultural e, dunha forma concreta, que actuacións sobre bens inmobles protexidos polo seu valor cultural ou, de ser o caso, nos seus contornos de protección ou zonas de amortecemento, non requiren da autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por non supoñer afección ningunha, nin poñer en risco os valores culturais protexidos. A instrución pode consultarse neste enlace.

Así mesmo, cómpre lembrar que no proceso de desenvolvemento que leva a cabo a Consellería de Cultura da Lei de Patrimonio Cultural, onte mesmo aprobouse un convenio marco para que os concellos a través da subscrición dun convenio individual poidan habilitarse e dar licenzas sobre unha ampla casuística e cumprindo cunhas determinadas condicións técnicas e de planeamento. En calquera caso, débese subliñar que a habilitación e a instrución son ferramentas distintas e que non están vencelladas dun xeito directo entre si.

5 de decembro de 2017 | 15:38 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario