publicidade hoxe

A Xunta participa nos actos do Día do Voluntariado cos membros de Protección Civil en Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugo
A-
A+
Luis Menor na visita á Agrupación de Protección Civil de Cervantes

Luis Menor na visita á Agrupación de Protección Civil de Cervantes

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, destacou a importancia do traballo das agrupacións de Protección Civil a prol da cidadania galega, nos actos do Día do Voluntariado no concello lucense de Cervantes.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, felicitou ás persoas que dedican o seu tempo a labores de axuda e apoio ós demais de forma desinteresada e, de xeito especial, ós voluntarios que conforman as agrupacións de voluntarios de protección civil da nosa comunidade autónoma, xa que as tarefas que levan acometido ó longo de moitos anos estas agrupacións é inestimable e configuran o piar básico do sistema integrado de protección civil de Galicia.

Luis Menor destacou que as actuacións de Protección Civil van dende o ordinario de cada día a accións de gran importancia como consecuencia de eventos ou actos de gran volume e afluencia de persoas, sendo en moitas ocasións un dos primeiros chanzos que se atopan os cidadáns cando ocorre unha emerxencia.

Ase mesmo, o director xeral incidiu que é fundamental unha formación axeitada ós tempos actuais, con novas especialidades e mais práctica, ó mesmo tempo que adecuada ás condicións e situación das distintas agrupacións, o que se está facendo de maneira continua dende a Academia Galega de Seguridade Pública.

Ao mesmo tempo, as agrupacións deben contar co material e equipamento axeitado para cada intervención, e segundo relatou Luis Menor, nos últimos anos, o Goberno galego, nos últimos anos destinou máis de 9,2 millóns de euros para equipamento, e máis dun millón de euros para funcionamento das Agrupacións

5 de decembro de 2017 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.