publicidade hoxe

Rueda destaca a importancia da cooperación entre administracións para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Alfonso Rueda na visita a Soutomaior

Alfonso Rueda na visita a Soutomaior

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu hoxe na importancia das ordes de axudas da Vicepresidencia para o financiamento de diversos proxectos nos concellos galegos, e destacou a importancia da cooperación entre Administracións para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns da nosa comunidade.

Alfonso Rueda,acompañado do alcalde Agustín Reguera visitou esta mañá as actuacións levadas a cabo no concello de Soutomaior grazas ás subvencións da Vicepresidencia, que neste caso grazas á Orde de Infraestruturas de uso público contan cunha axuda de 40.000 euros para a mellora do acceso a Aranza.

Dende o ano 2009, o concello leva recibido 250.000 euros de varias ordes de axudas que foron destinados a obras de saneamento, adecuacións de parques infantís, adquisición de maquinaria e dun vehículo adaptado para incendios.

Neste ano, o Goberno galego destinou para esta liña de axudas,máis de 3,6 millóns de euros que beneficiaron a 121 concellos de toda Galicia pola cal as entidades locais poden levar a cabo actuación como melloras en instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos.

15 de novembro de 2017 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.