publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes do Distrito Forestal esclarecen un incendio na Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes do Distrito Forestal VII da Fonsagrada-Os Ancares, esclareceron un incendio no concello lucense da Fonsagrada.

Axentes da Policía Autonómica de Lugo procederon á imputación dun varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 16 de outubro no lugar de Cabanas, parroquia de San Andrés de Logares, no concello da Fonsagrada. As lapas afectaron unha superficie de 7,50 hectáreas, das que 4,5 eran arborado e 3, monte raso.

O incendio iniciouse, supostamente, cando o investigado prendeu lume nunha parcela a carón dunha da súa propiedade coa intención de espantar ao xabarín, que estaba a causar danos nas fincas, así como para limpar restos de matogueiras, nun día en que estaban totalmente prohibidas as queimas debido as condicións meteorolóxicas.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda da Fonsagrada. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 91 persoas por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

15 de novembro de 2017 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.