publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa atópanse ao 43% da súa ocupación total

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 40,73 por cento da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 43,23 por cento, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 40,48 por cento. Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 27 de novembro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 281,10 Hm3, dos 690,15 (volume total).

As presas abastecemento de Cecebre, Eiras, Zamáns, Baiona e Beche presentan porcentaxes por debaixo da media (43,43), sendo Pontillón de Castro o que presenta a maior porcentaxe de volume encorado, un 85,85%, seguido dos encoros de Caldas de Reis, cun 65,20, e das Forcadas, cun 50,77 %.

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 90,48 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 11,3 por cento por debaixo, xa que o 27 de novembro de 2016 estaban ao 51,78 por cento, fronte ao 40,48 por cento actual.

Aquí poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.

28 de novembro de 2017 | 16:32 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario