publicidade hoxe

O Sergas inviste un total de 101.411 euros nas obras de mellora do centro de saúde de Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMugardos
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu no pleno do Parlamento de Galicia para informar das obras de mellora a realizar no centro de saúde de Mugardos, na área sanitaria de Ferrol. “Nos escasos seis meses dende que o Sergas asumiu a titularidade deste centro de saúde están iniciadas ou programadas obras de mellora que o centro necesita por un importe total de 101,411,29 euros”, destacou Almuiña.

O conselleiro de Sanidade explicou que xa está adxudicado e que se iniciará en breve a dotación de ascensor para mellorar a accesibilidade dos pacientes entre plantas, unha actuación que conta cun orzamento de 41.927,41 euros.

Así mesmo, será adxudicado en próximas datas a reforma e redistribución de espazos da planta baixa. Esta zona contará con consulta médica e de enfermería de pediatría, sala de espera de pediatría, sala de educación maternal e sala de extraccións. Esta obra conta cun orzamento total de 47.767,96 euros.

Actualmente xa se está a realizar o cambio de caldeira eléctrica a gas e instalacións complementarias, unha actuación orzada en 11.715,92 euros.

O Servizo Galego de Saúde está a asumir ademais os gastos anuais de mantemento, que ascenden a 43.696 euros, dende que a Xunta asumiu a transferencia do centro de saúde o pasado mes de maio.

Investimentos en centros de saúde en 2018

A atención primaria segue a ser unha prioridade da Consellería de Sanidade e así se recolle no proxecto de orzamentos para o 2018, cunha dotación de case 10 millóns de euros para construción e equipamento en centros de saúde. Tamén se realizarán melloras en centros de propiedade municipal a través de convenios de colaboración cos concellos e se renovará equipamento e tecnoloxía en diferentes centros de saúde.

Así mesmo, durante 2018 poderemos asumir a titularidade, e polo tanto os custes de mantemento dos centros de saúde que os concellos estean en condicións de ceder á Xunta a través do proceso acordado coa Fegamp.

8 de novembro de 2017 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.