publicidade hoxe

O novo edificio xudicial da Parda permitirá a mellora da sala de espera das vítimas de violencia de xénero e dos menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O novo edificio xudicial da Parda permitirá mellorar a sala de espera da que dispoñen as vítimas de violencia de xénero e os menores en Pontevedra. A finalización das obras, prevista para o ano que vén, implicará unha redistribución de espazos en todo o complexo e proporcionará máis superficie e comodidade ás vítimas.

Cabe recordar que o edificio da Parda, construído nos inicios da década dos 90 do pasado século, non contaba orixinariamente con ningún espazo para a espera da vítima. Recentemente, habilitouse unha sala na planta baixa do edificio, próxima ás salas de vista, onde a vítima pode agardar antes de ser chamada nas dilixencias xudiciais. Mentres non rematan as obras do novo edificio xudicial, esta sala será acondicionada para que sexa máis cómoda e acolledora.

O apoio ás vítimas é unha das prioridades da Xunta de Galicia, tanto para ofrecerlles tódalas facilidades posibles como para apoialas durante o proceso xudicial. De feito, recentemente e grazas a un convenio co Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia, se ten dotado de psicólogos ás oficinas de atención ás vítimas nas sete cidades, incluída Pontevedra.

23 de novembro de 2017 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.