publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O conselleiro de Sanidade presenta o proxecto de construción do novo centro de saúde de Narón que conta cun investimento de 5,4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNarónPortada esquerda
A-
A+
Almuiña na presentación do proxecto do centro de saúde

Almuiña na presentación do proxecto do centro de saúde

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou esta mañá o proxecto de construción do novo centro de saúde de Narón, que conta cun orzamento de 5.476.294 euros. O Concello de Narón achegará, ao longo de tres exercicios, a contía de 1,4 millóns para colaborar nos custes de execución da construción do edificio.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou hoxe os terreos onde a Xunta de Galicia ten previsto construír o centro de saúde. Trátase dunha parcela de 6.142 metros cadrados cedida gratuitamente polo concello.

A construción deste novo centro de saúde, que terá unha superficie total construída de preto de 4.300 m2, permitirá tanto aos profesionais como aos pacientes e usuarios dispor dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, e que dará mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, das veciñas e veciños deste concello que pertence á Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ferrol.

Plan Funcional

Segundo o recollido no Plan Funcional, o edificio terá, na área médica, 14 consultas de medicina xeral, 12 de enfermería, 2 de farmacia, un despacho para o traballador social, unha sala de toma de mostras, dúas salas de técnicas, 4 salas polivalentes e 4 consultas de docencia. Na área pediátrica haberá 4 consultas de pediatría e 3 para enfermería pediátrica.

Na área da muller, disporase dunha consulta para a matrona, unha sala de educación sanitaria e unha consulta para o programa da muller.

Na área dedicada ás urxencias, o centro disporá de zona de recepción, dormitorios para o persoal de garda, unha sala de reanimación, sala de espera e sala de estar, tres consultas de medicina, tres de enfermería, aseos e vestiarios.

No apartado de servizos de apoio, o novo centro da rede sanitaria pública galega disporá dunha consulta de odontoloxía, unha para o hixienista, unha para fisioterapia, un ximnasio e unha sala de reunións. Na área de persoal haberá despachos para coordinación administrativa, sala de estar, arquivo e sala de xuntas.

14 de novembro de 2017 | 16:21 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario