publicidade hoxe

Medio Ambiente pon en valor as rutas de senderismo entre os concellos de A Porqueira e Calvos de Randín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PorqueiraCalvos de RandínOurense
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematou senllas actuacións para a posta en valor de dúas ruta de sendeirismo que unen os concellos de Calvos de Randín e A Porqueira. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou esta mañá estas actuacións, ás que o departamento que dirixe destinou un orzamento de 43.700 euros.

A directora explicou que o obxectivo desta actuación foi o de mellorar este espazo de uso público, para potenciar o seu valor turístico, poñer en valor o seu patrimonio cultural e conservar as áreas recreativas dos concellos galegos, como é a ruta de sendeirismo das fervenzas do río Fírveda, en Porqueira, e a ruta que a une coa das Carballeiras de Castelaus, en Calvos de Randín.

En ambos casos, os traballos consistiron no desbroce e acondicionamento das rutas, e a colocación de sinais para o seguimento das rutas, naqueles puntos onde resultaba escasa ou confusa.

No caso de Porqueira, tamén se retirou unha ponte de madeira, que presentaba un mal estado, e construíse unha nova pasarela cunha nova barandilla protectora; e executáronse traballos de desbroce manual na contorna dos cinco muíños existentes ao longo da ruta. Por último, tamén se instalou un pasamáns no acceso ao mirador da fervenza.

Por outro lado, tamén se construíu unha pasarela peatonal de madeira de nove metros de lonxitude sobre o río Fírveda, coa que se pecha o circuíto da ruta das Fervenzas neste río.

2 de novembro de 2017 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.