publicidade hoxe

Medio Ambiente mellora a accesibilidade e a seguridade viaria na contona do centro de saúde da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a desenvolver os traballos de renovación das beirarrúas e reorganización do tráfico na contorna do Centro de Saúde da Laracha co fin de mellorar a seguridade viaria e incrementar a accesibilidade peonil na zona. Así o explicou a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, tras supervisar esta mañá as obras xunto co rexedor local, José Manuel López.

Así, durante a súa visita, a responsable do departamento autonómico recordou que o Goberno galego inviste máis de 150.000 euros nesta actuación, que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade nas rúas Coruña, Pontevedra e Escola, que enlazan coa rúa Epifanio Campo Núñez e o seu encontro coa rúa Eusebio Bertoa Queijo.

Unha intervención inscrita no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 pola Xunta de Galicia e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense executado un total de 157 actuacións, cun investimento global de 123 millóns de euros.

9 de novembro de 2017 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.