publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente iniciará en 2018 a tramitación do Plan reitor de usos e xestión das fragas do Eume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontedeumePortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia prevé iniciar a tramitación do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural das Fragas do Eume en 2018. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, fixo este anuncio na reunión da Xunta Consultiva do Parque Natural, onde avanzou que a principios do vindeiro ano se contactará cos sectores implicados para consensuar a redacción deste documento.

Ana María Díaz destacou que o departamento que dirixe traballa nun documento preliminar, un documento de inicio que se presentará e no que se irá traballando de forma participada e consensuada.

Explicou que o obxectivo é acadar un documento que sirva para conservar o parque natural regulando os usos que se desenvolven, co fin último de que a xestión deste espazo permita compatibilizar a actividade tradicional coa preservación do medio. Aclarou que o plan non imporá maiores limitacións das existentes no espazo, senón que pretende ser a folla de ruta que guíe as actuacións precisas a desenvolver no parque natural nos próximos anos.

O goberno galego espera contar coa participación de todos para materializar a planificación que precisa o parque natural, moi especialmente nun parque como o das Fragas, no que o 80% da súa superficie total é privada.

Acciones cartelería con Ecoembes

Na reunión , a directora xeral tamén informou as accións inmediatas que se levarán a cabo no Parque Natural, como a instalación dunha nova cartelería e sinalización, que se adaptará á nova imaxe corporativa da Rede de Parques Naturais e que incidirán no fomento da cultura da reciclaxe.

Explicou que se trata dunha actuación en colaboración con Ecoembes, co fin ser respectuosos naqueles lugares nos que hai que ser máis coidadosos: os parques naturais. Esta actividade lévase a cabo na Comunidade galega no marco dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe.

23 de novembro de 2017 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.