publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente destina máis dun millón de euros ás tarefas de estabilización do chan e retención de sedimentos no Parque Natural de Baixa-Limia Serra do Xurés e na Reserva dos Ancares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuíñosOurense
A-
A+

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou esta mañá o inicio dos traballos de estabilización do chan e de retención de sedimentos nas zonas afectadas polos incendios de outubro no Parque Natural de Baixa-Limia Serra do Xurés e na Reserva Natural dos Ancares, aos que a Xunta de Galicia destina máis dun millón de euros.

A directora xeral indicou que unha boa parte da superficie afectada se atopa en terreos de alta montaña co elevadas pendentes, polo que os traballos terán como finalidade evitar o arrastre do chan e outros restos aos cursos de auga que discorren na vaguadas.

Nese sentido, indicou que os traballos para estabilizar o chan e favorecer a infiltración, limitar a escorrentía e reducir a chegada de sedimentos as canles contribuíndo o impacto na calidade da auga, faranse mediante o acolchado con mantas orgánicas de fibra de coco e o acolchado con palla de cereal.

No caso dos traballos de retención de sedimentos, construiranse barreiras de malla biodegradable de coco e palla e de biomasa forestal , nas zonas de curva instalarase este tipo de barreiras ancoradas ao chan mediante estacas e, no caso de ser necesario, estudarase a posibilidade de empregar materiais como pedras para evitar as escorrentías.

Por último, a revexetación destas zonas farase mediante o sementado manual en noiros con risco evidente de desestabilización, e de hidrosembrado en zonas de especial sensibilidade para os efectos erosivos. No caso da Reserva Natural dos Ancares tamén se procederá á limpeza de foxos , infraestruturas de drenaxe e canles por medios manuais, coa finalidade de que as augas discorran de xeito natural, evitando a formación de novos arroios que poidan provocan arrastres prexudiciais para o medio natural.

6 de novembro de 2017 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.