publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

López Abella asiste á constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do concello de Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal Portada
A-
A+
Susana López Abella na constitución da mesa

Susana López Abella na constitución da mesa

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do concello de Chantada.

Segundo destacou a titular de Igualdade, o obxectivo xeral da Mesa Local de Coordinación é a promoción, no ámbito municipal, de políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero, xa que segundo indicou a violencia machista constitúe o máis cruel expoñente da falta de igualdade na sociedade e un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas constituíndo un atentado contra o dereito á vida, á seguridade e á liberdade, á dignidade e á integridade física e psíquica das vítimas e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade mais xusta e igualitaria.

López Abella indicou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático, e polo tanto,resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

Abella destacou que a Secretaría Xeral da Igualdade, considera como obxectivos específicos desta Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero; optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero; ofrecer unha atención e unha resposta áxil ás vítimas de violencia; mellorar a protección ás vítimas de alto risco; e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral.

7 de novembro de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.