publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Licítase o acondicionamento da estrada AC-100, entre O Barqueiro e Vila de Bares, no Concello de Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMañón
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación do contrato de adaptación ao Plan de baixa IMD da estrada AC-100, no treito entre O Barqueiro e Vila de Bares, por un investimento de case 1,3 millóns de euros.

As empresas interesadas na realización destas actuacións, cun prazo de execución de 9 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de decembro. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/YwYo3m

A actuación desenvólvese na estrada AC-100, no Concello de Mañón, entre os p.q. 0+400, á saída da travesía do Barqueiro, e o 5 +200, na entrada a Bares.

Este proxecto ten por obxecto a ampliación da sección transversal na anchura necesaria para conseguir unha plataforma de 6,5 metros e colocar unha cuneta de seguridade de ancho de 0,75 metros cara ao noiro de desmonte, nos treitos que sexa precisa.

A solución proposta baséase na ampliación e redistribución da plataforma actual, dentro da zona de dominio público da estrada, sen realizar expropiacións. Realizaranse pequenos desmontes para dispoñer do ancho adicional. Deste xeito, preténdese conseguir unha adecuación da vía mellorando a seguridade e a comodidade na circulación, cuns criterios de deseño sustentables ambientalmente.

A actuación compleméntase coa reposición do firme, limpeza das obras de drenaxe existentes e a renovación da sinalización horizontal e vertical, balizamento e defensas.

22 de novembro de 2017 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.