publicidade hoxe

Licitadas as obras de reforzo do firme nas estradas Bertamiráns-Negreira e Roxos-Portomouro por máis de 750.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmesNegreira
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de mellora de reforzo de firme nas estradas Bertamiráns-Negreira (AC-544) e na Roxos-Portomouro (AC-453), que contará cun orzamento de case 750.000 euros.

A data final para a presentación de ofertas para levar a cabo estas actuacións remata o vindeiro día 18 de decembro e para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/WkxrcS.

Estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, suporán a rehabilitación do firme das vías, o que permita mellorar o estado de conservación nos seguintes tramos:

• AC-544: desde o punto quilométrico 3+500 ata o 10+700, nos Concellos de Brión, Ames, Negreira e A Baña. A actuación en cada tramo dependerá do tipo de deformación existente, podendo consistir na extensión de microaglomerado ou dunha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en quente.
• AC-453: dende o p.q. 4+100 ata o 9+100, entre Quintáns e Cobas, no Concello coruñés de Ames, onde se repararán os puntos con deformacións, mediante o fresado e reposición.

Estas accións no firme compleméntase coa execución de cunetas tendidas de seguridade en dous tramos da estrada AC-453 que suman 430 metros e a renovación de sinais verticais que convén actualizar.

22 de novembro de 2017 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.