publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Igualdade avalía co Colexio Oficial de Psicoloxía o asesoramento que se está prestando ás vítimas nos xulgados das sete grandes cidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Susana López Abella na reunión co Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.

Susana López Abella na reunión co Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe unha reunión de coordinación entre a Xunta e o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia para facer un seguimento do apoio psicolóxico que funciona desde o mes pasado nas Oficinas de atención ás vítimas das 7 grandes cidades galegas.

O obxectivo desta iniciativa, froito dun convenio de colaboración asinado entre a Administración autonómica e o Colexio Oficial de Psicoloxía, é acompañar á vítimas de delitos violentos e evitar procesos de vitimización secundaria, así como realizar, de ser o caso, derivacións coordinadas a servizos sociais ou organizacións de asistencia ás vítimas que puideran axudarlles.

Esta medida de apoio vén recollida tanto no Estatuto da Vítima, como no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o caso das mulleres que son vítimas de maltrato. Precisamente, no mes no que se conmemora o Día internacional contra a violencia de xénero, López Abella recordou a necesidade de apoiar a estas mulleres cando dan o paso de denunciar, ao que segue un proceso xudicial moi complexo.

Na reunión de hoxe, avaliaron como están funcionando ata agora estas oficinas e acordaron seguir mantendo encontros e unha comunicación fluída para garantir o mellor funcionamento posible deste apoio psicolóxico.

Ademais desta iniciativa, a Xunta ten xa en marcha dende o ano 2004, o programa de atención psicolóxica a mulleres que sufran violencia de xénero e para as súas fillas e fillos menores, no que teñen intervido máis dun cento de profesionais da psicoloxía ao longo do pasado ano e que ten beneficiado dende o ano 2009 a máis de 3.600 persoas.

14 de novembro de 2017 | 16:45 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario