publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Desestimada a declaración da fraga de Casas Vellas como Espazo Natural de Interese Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de desestimar a declaración como Espazo Natural de Interese Local a fraga de Casas Vellas, no Concello de Lalín. Así se recolle nunha resolución remitida pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural remitida ao Concello de Lalín, na que se indica que esta decisión reside principalmente na ausencia de valores singulares acreditados que xustifiquen a súa declaración como ENIL.

Segundo a normativa vixente en materia de conservación da natureza (Lei 9/2001, de 21 de agosto), os espazos naturais protexidos son aqueles que conteñen elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debidos á acción e evolución da natureza, como derivados da actividade humana e que fosen declarados como tales.

En concreto, o ámbito que abrangue a declaración provisional do ENIL da Fraga de Casas Vellas localízase na parroquia de Santiago de Catasós e chega á zona de Casas Vellas, así como a continuación do río Quintela e súa zona de servidume ata o límite coa estrada N-525. Á vista da documentación do expediente, conclúese que existen valores naturais ao igual que noutras zona da contorna, pero non se acredita a existencia de sistemas ou de elementos naturais singulares que xustifiquen a declaración.

É unha fraga na que están presentes os valores naturais, pero para declarada como un ENIL é preciso que presente un plus valor, é dicir, que conte cos elementos singulares que a diferencien doutras fragas, tal e como se recolle no Decreto 124/2005.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define como espazos naturais protexidos aqueles que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debidos á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, e que fosen declarados como tales.

O artigo 17 da lei establece que, por petición dun concello e tras solicitar os informes preceptivos pertinentes, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá declarar como ENIL aqueles espazos integrados no seu termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais. Polo tanto, antes de declarar un espazo, a Consellería debe valorar en conxunto todos os aspectos que contribúen a dar coherencia á solicitude.

Ademais, ao abeiro do expediente tramitado foron formuladas alegacións de oposición á declaración por parte de varios interesados e, concretamente, por parte de propietarios de terreos incluídos dentro do perímetro do espazo solicitado e que supoñían practicamente un 25% da superficie proposta como ENIL.

Todas as alegacións recibidas foron remitidas ao Concello para que aportase informes e elementos de xuízo necesarios que permitiran motivar e dar resposta as mesmas, sen que pola Administración local se aportara máis xustificación que a achega, fora do prazo outorgado, do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, no que solicita que se desestimen as alegacións presentadas na fase de participación pública, sen aportar máis datos nin motivar as razóns da súa petición.

Durante a tramitación tamén se lle requiriu ao Concello que acreditara a afirmación recollida na memoria remitida por este e incorporada ao expediente, da existencia de árbores vellos, coa finalidade de valorar a singularidade dos terreos propostos para a declaración como ENIL. O Concello de Lalín non respondeu a esa cuestión pese a ser requirido, polo que non quedou acreditada a existencia de tales formacións nas que baseaba a singularidade do espazo.

28 de novembro de 2017 | 16:37 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario