publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlados os incendios forestais rexistrados en Ribadeo e O Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO BoloPortada dereitaRibadeoSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa do control dos incendios forestais rexistrados no concello lugués de Ribadeo e no ourensán do Bolo.

No primeiro caso, o lume de Ribadeo, parroquia da Devesa, iniciábase onte ás 15,37 h. e quedaba controlado ás 22,52 h. Segundo estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 25 hectáreas. No lugar levan traballado 6 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

No municipio ourensán do Bolo o incendio comezaba ás 18,10 h. de onte na parroquia de Celavente e dábase por controlado ás 05,09 h. desta madrugada. Afecta, segundo as primeiras estimacións, unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control levan traballado 7 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

23 de novembro de 2017 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.