publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta trasladará aos concellos que se abastecen de Eiras dúas alternativas para reforzar o abastecemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Os responsables de Augas de Galicia trasladarán mañá na reunión prevista cos alcaldes que se abastecen do embalse de Eiras e Zamáns dúas propostas alternativas que permitan reforzar o abastecemento en caso de que a situación do embalse de Eiras continúe empeorando os seus indicadores.

Desde o organismo de conca, inciden en que se trata de dúas alternativas que se poderían realizar en poucos meses e chegar así a tempo en caso de que a entrada de auga no encoro de Eiras siga reducíndose. Hai que subliñar que nestes momentos o encoro de Eiras sitúase no 38,9% da súa capacidade. Esta cifra variaría ata chegar aos 161 días de conseguirse unha redución do consumo dun 25%, de aí o chamamento insistente á cidadanía e eido empresarial a facer un consumo responsable da auga.

Tras análise nestas semanas de diferentes alternativas para paliar a situación de Eiras, proporase a existencia de dúas opcións que non precisan de azud, o que permite ademais de axilizar a execución ter un menos impacto ambiental ao non supoñer un novo obstáculo no cauce do río. Por parte da Xunta, estaríase en disposición de asumir a máxima cofinanciación de calquera dos dous proxectos polos que se opte, nunha porcentaxe similar á que se ten realizado en infraestruturas similares noutros sistemas de abastecemento. Neste punto cómpre lembrar que o abastecemento tal e como se recolle nos artigos 5 e 27 da Lei de Augas de Galicia é competencia municipal.

Con respecto á petición do concello de Vigo de redución do caudal ecolóxico, é importante destacar antes de tomar esa decisión, e tal e como se ten insistido nestes últimos días, é necesario certificar e confirmar que se teñen tomado outras medidas previas á redución do caudal ecolóxico. Tal e como recolle o real decreto no Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Plan hidrolóxico de Galicia Costa, a redución do caudal estaría en segundo lugar tras o abastecemento da poboación.

Polo tanto, non se pode asinar a resolución da rebaixa dun caudal ecolóxico mentres non se constate que non hai outras alternativas, do contrario poderíase incorrer nun delito ambiental. Non hai que esquecer que a rebaixa dun caudal pode xerar moitos prexuízos nun ecosistema.

Neste punto hai que indicar que, pese a terse solicitado o propio luns a certificación, non chegaron ata este mediodía os datos do concello de Vigo. Unha vez temos constancia destes datos, esta tarde procederase ao seu análise e poderá tramitarse a revisión sobre a procedencia ou non da redución do caudal. A posible redución do caudal precisa non da autorización tras informes dos técnicos de Augas de Galicia e de Patrimonio Natural.

Ao encontro de mañá están convocados os concellos das zonas 1 e 2 da Demarcación Galicia Costa que se atopan en alerta por seca desde o pasado mes de outubro. Estes concellos son A Lama, Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Nigrán, Ponte Caldelas, Redondela, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Porriño, Mos e Oia.

23 de novembro de 2017 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.