publicidade hoxe

A Xunta súmase aos actos do Día Mundial da Calidade organizados por Expourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Mouteira na entrega de galardóns

Marisol Mouteira na entrega de galardóns

Con motivo do Día Mundial da Calidade, baixo o lema ‘Liderar en tempos de cambio’ Expourense organizou un ano máis, e xa van 7, a entrega dos dos premios ‘Líderes en calidade’. Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto de entrega destes galardóns ás empresas distinguidas como líderes en calidade. Mouteira indicou que para o Goberno galego “traballar con calidade implica un compromiso coa cidadanía, tanto no que se refire á transparencia no que facemos como en todo o que afecta á racionalización dos recursos públicos”.

As empresas galardoadas son:
-Sector Alimentación: Pescados Rubén S.L. (Lugo).
-Sector Socio-Sanitario: Fundación Valdegodos (Ourense).
-Internacionalización: Anfaco-Cecopesca (Pontevedra).
-Sector Educación: Grupo Academia Postal (Ourense).
-Medioambiente: Televés S.A. (A Coruña).

A delegada territorial felicitou ás entidades galegas distinguidas este ano como líderes en calidade e confiou que o seu exemplo “animará a outros empresarios a seguir modelos de xestión de calidade e ambiente, dinamizando o tecido empresarial galego”.

9 de novembro de 2017 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.