publicidade hoxe

A Xunta sortea dúas vivendas de promoción pública no concello pontevedrés de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorteo de dúas vivendas de promoción pública da súa propiedade emprazadas no concello de Cangas. As vivendas adxudicadas foron recuperadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo despois da renuncia ás mesmas dos antigos adxudicatarios.

Do mesmo sorteo, realizado ante notario entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda, sairá unha lista de espera composta por 30 solicitantes, a través da cal se adxudicarán as novas vacantes que se poidan producir en Cangas por renuncia de outros adxudicatarios.

A lista publicarase na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas. A partir dese momento os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

A entrega das dúas vivendas actualmente dispoñibles realizarase unha vez rematado o proceso de adxudicación e todos os trámites previos. Os inmobles poderán adxudicarse en réxime de compravenda ou alugueiro en función dos ingresos dos adxudicatarios.

20 de novembro de 2017 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.