publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta renova o parque móbil da Policía Autonómica con 30 novos vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Alfonso Rueda na entrega de vehículos

Alfonso Rueda na entrega de vehículos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de entrega de 30 novos vehículos para a Policía Autonómica, especialmente equipados para as labores relativas ao medio ambiente: con sistema 4×4 e kit de recollida de mostras.

A administración autonómica investiu uns 840.000 euros nestes vehículos, que forman parte dun plan de renovación do parque móbil que prevé substituír un total de 68 coches da Policía Autonómica antes de 2020, e que se suman as 12 novos vehículos entregados o pasado ano.

A aposta por reforzar con novos medios e recursos este corpo non se limita só a adquisición de vehículos, senón que tamén inclúe chalecos antibalas -un total de 50, que xa foron entregados-, ou a renovación de equipos informáticos -72 ordenadores e 159 equipos portátiles, integrados na rede de telecomunicacións RESGAL-.

Ademais, tamén se están a realizar importantes esforzos para mellorar as sedes da Policía Autonómica. Grazas a isto, xa dispoñen de novas instalacións na Coruña; realizáronse obras de mellora na sede de Lugo; en breve realizarase o traslado a unha nova sede en Ourense; e en Vigo está en proxecto a creación dunha nova na que será a futura Cidade da Xustiza.

A Policía Autonómica realiza funcións de prevención e investigación en eidos tan relevantes para a sociedade galega como a defensa do medio ambiente, e a loita contra o lume, a violencia de xénero ou o furtivismo.

28 de novembro de 2017 | 16:28 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario