publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta pon en marcha a cuarta convocatoria das Unidades Mixtas que mobilizará 17 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Reunión do Consello da Xunta

Reunión do Consello da Xunta

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe na rolda de prensa do Consello a resolución da cuarta convocatoria das Unidades Mixtas que, cunha mobilización de 17 millóns de euros, impulsará a investigación e a innovación nos sectores automoción, aeronáutica, naval, TIC e farmacéutico.

Así, as tres Unidades Mixtas de Investigación que se crean novas son: o Instituto Tecnolóxico de Galicia coa empresa Star Defence Logistics and Engineering, para avanzar na investigación sobre avións non tripulados; Gradiant con Telefónica, para mellorar a seguridade informática nas comunicacións; e o Centro Tecnolóxico Aimen co Grupo COPO, para dixitalizar os procesos de fabricación de escumas de automoción.

Esta última Unidade Mixta súmase ás dúas que xa teñen en vigor este centro tecnolóxico e esta empresa para desenvolver diversos materiais.

Ademais, como indicou Feijóo, promoverase a consolidación dos proxectos doutras tres unidades: USC-Esteve para o descubrimento temperá de fármacos; Aimen-Wartsila para o desenvolvemento dunha nova xeración de compoñentes navais para a liña de eixos de buques; e Aimen-GKN para a fabricación sustentable de alto rendemento de novos compoñentes de transmisións.

O presidente da Xunta resaltou que, en total, sumando as catro convocatorias, creáronse xa 26 Unidades Mixtas e se axudou a consolidar outras 4. En conxunto, dan emprego a uns 450 traballadores de alta cualificación e mobilizaron 94 millóns de euros en fomento da innovación.

9 de novembro de 2017 | 18:13 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario