publicidade hoxe

A Xunta licita as obras de mellora de seguridade vial e eliminación de barreiras en cinco estradas da comarca de Santiago

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de mellora de seguridade vial e eliminación de barreiras en cinco estradas da Comarca de Santiago de Compostela, na AG-58, na AG-59, na VAP Brión-Noia, e en dúas do contorno de Santiago, a AC-537 e a AC-554, que contarán cun orzamento de máis de 500.000 euros.

A data final para a presentación de ofertas para levar a cabo estas actuación remata o vindeiro día 18 de decembro e para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/WkxrcS.

Esta actuación ten por obxecto mellorar a seguridade viaria nos tramos obxecto do estudo mediante actuación destinadas a reducir os posibles danos en caso de impacto ou saída de vía.

Así, levaranse a cabo melloras nos sistema de contención, nos elementos de balizamento, nas cunetas e en determinados postes.

O Executivo autonómico é pioneiro na adopción de novas medidas como as intervencións específicas de eliminación de obstáculos nas estradas nas que se está avanzando. Trátase de aplicar o concepto de “estradas que perdoan”, que dan unha segunda oportunidade aos erros puntuais que se poden cometer como condutores para volver sen danos de novo á calzada.

Deste xeito, en vez de protexer con barreiras os obstáculos que poida haber nas marxes das estradas, búscase eliminar eses obstáculos e, con eles, as necesidades desas barreiras.

Seguridade viaria, unha prioridade

O Goberno galego continúa traballando no seu firme compromiso coa seguridade viaria e avanzando un novo paso na consecución dos obxectivos marcados no Plan de seguridade viaria 2016-2020: a redución nun 50% das vítimas mortais nas estradas galegas con respecto ás do ano 2011. Así, cumpriríase coa resolución aprobada unanimemente polo Parlamento galego o 4 de outubro de 2017, no marco do debate do Estado de Autonomía.

Os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano reflicten que a seguridade viaria é unha materia prioritaria para o Goberno galego, polo que se incrementan nun 34 % as partidas destinadas a este fin. Así, por exemplo, o Plan de Reforzos de Firme aumenta de modo moi importante a súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros. Verase ademais, complementado coa conservación ordinaria da rede autonómica de estradas e co Plan de viabilidade invernal, aos que en 2018 se destinan máis de 23 millóns.

O Plan de Sendas de Galicia tamén contará en 2018 con preto de 12 millóns de euros, o que permitirá rematar actuacións en execución ou xa licitadas e impulsar outras novas nas sete comarcas galegas nas que se está a desenvolver a 1ª e a 2ª fase desde plan.

22 de novembro de 2017 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.