publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investiu 6 millóns de euros para mellorar o equipamento das escolas infantís de 0 a 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Reunión do Consello da Xunta

Reunión do Consello da Xunta

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta destinou entre 2016 e 2017 unha achega de máis de 6 millóns de euros para mellorar o equipamento das escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto de titularidade autonómica como as garderías dos concellos e as escolas infantís de iniciativa social.

Máis polo miúdo, explicou que en relación á rede Galiña Azul, nestes dous anos investíronse 3,1 millóns de euros en reformar e equipar 120 garderías; ás escolas infantís e puntos de atención á infancia que dependen das corporacións locais destináronse 2,5 millóns de euros para realizar obras e comprar equipamento en 136 centros; e investíronse 600.000 euros para mellorar 36 escolas infantís privadas de iniciativa social.

Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que hoxe, en Galicia, é máis sinxelo conciliar do que era en 2009: cun 80% máis de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, en total 22.439; con casas niño nas contornas rurais; con deducións fiscais para familias con fillos, que a Xunta ampliou na pasada lexislatura; cun Bono Concilia que axuda a pagar o custe dunha escola infantil para aquelas familias que non obtivesen praza nunha pública; e co Bono Coidado, que amplía ata os 12 anos a idade do neno, para o que se pode pedir axuda para contratar un coidador para casos puntuais.

“En 2018 seguiremos ampliando esta lista de medidas”, dixo, referíndose á Tarxeta Benvida, estendida ata os 3 anos para as familias con rendas baixas; a unha nova bonificación nas taxas das escolas infantís, do 25% para o segundo fillo e do 50% para o terceiro e sucesivos; e a un permiso por maternidade para as empregadas públicas, que aumenta ata as 22 semanas desde as 20 actuais.

23 de novembro de 2017 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.