publicidade hoxe

A Xunta destinará os recursos da adquisición dos locais comerciais da Tinería á compra de novos inmobles para a súa rehabilitación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará a totalidade dos recursos que se obteñan pola adquisición dos locais comerciais da súa propiedade na Tinería á compra de novos inmobles, neste mesmo barrio, para a súa posterior rehabilitación.

Así o anunciou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos representantes das asociacións veciñais e de comerciantes do barrio

“Seguimos apostando con forza polo barrio da Tinería, pola súa recuperación e rehabilitación. Para que este espazo da cidade de Lugo desempeñe o papel que merece como centro histórico e como lugar de paso obrigado para os que vistan a Muralla”-explicou Balseiro

Reclama axilidade ao Concello de Lugo

De xeito complementario, o delgado territorial volveu a pedir axilidade ao Concello de Lugo para que materialice a solicitude de adquisición dos locais “canto antes”, xustificando o interese público e social desta iniciativa. Namentres non teña lugar esta solicitude formal o proceso de poxa dos locais segue en marcha.

“Un aspecto fundamental para a recuperación do barrio é ser capaces de xerar riqueza e emprego nestes locais, e ese é un obxectivo ao que non podemos nin demos renunciar, salvo que o Concello de Lugo pase das palabras aos feitos, dunha mera declaración de intención a unha solicitude formal por facerse con estes espazos”-concluíu Balseiro.

23 de novembro de 2017 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.